"É ESCANDALOSO QUE AGORA SE DESCUBRA QUE TEBAS TEN ALIADOS NO GOBERNO DO ESTADO"

O CSD non actuou como mediador e tomou partido pola LFP

Depor Fuen
Foto: La Opinión

O Consello Superior de Deportes tomou partido pola Liga de Fútbol Profesional no canto de actuar como mediador entre as distintas partes en conflito e a súa actuación prexudica claramente os intereses do Deportivo, afirma Francisco Jorquera como primeira valoración do encontro habido esta tarde entre o CSD, a LFP e a Federación Española de Fútbol.

O CSD non actuou como mediador e tomou partido pola LFP

"Dar validez á proposta dunha liga de 22 equipos, despois de anular o expediente que propuña o descenso do Fuenlabrada, é tanto como respaldar a posición da Liga de Fútbol Profesional neste conflito. Isto é moi grave, porque foi a LFP quen puxo en risco a saúde pública na Coruña ao autorizar a viaxe do Fuenlabrada á nosa cidade", afirma o portavoz do BNG no Concello da Coruña. "É evidente que aquí o señor Javier Tobas xogou moi sucio neste asunto, tanto que agora sabemos que el é quen move os fíos detrás do Fuenlabrada. É escandaloso que agora se descubra que Tebas ten aliados no goberno do Estado", dixo en alusión a que o Consello Superior de Deportes depende do Goberno presidido por Pedro Sánchez.

"Consumouse o peor dos escenarios posíbeis: o de que o señor Tebas saia indemne deste asunto e que non se faga xustiza con quen foi claramente prexudicado ao non poder competir en igualdade de condición co resto dos equipos na última xornada do campeonato", conclúe Jorquera.

O voceiro nacionalista en María Pita avanza que o BNG vai rexistrar iniciativas no Congreso para esixir a depuración das responsabilidades contraídas polo presidente da LFP.

 

O CSD non actuou como mediador e tomou partido pola LFP