O BNG denuncia que, un ano máis, a Compañía de Tranvías obtén beneficios por conta dxs coruñesxs

O BNG denuncia que, un ano máis, a Compañía de Tranvías obtén beneficios por conta dxs coruñesxs

A Coruña, 23 de xullo de 2015- Logo de que a Compañía de Tranvías presentase publicamente as contas correspondentes ao ano 2014, o Grupo Municipal do BNG denuncia que un ano máis a empresa concesionaria do servizo de autobús urbano da Coruña obtivo beneficios por conta dos petos da cidadanía. Así, o beneficio da empresa aumentou en 2014 nun millón de euros.

O BNG da Coruña pon de manifesto que un ano máis as contas da Compañía de Tranvías reflicten que posúe unha boa situación financeira consecuencia das subvencións públicas que recibe por parte do Concello. De aí, que as nacionalistas insistan en exixir a máis que necesaria revisión da concesión de 1986, tal e como permite o artigo 7.1 do Regulamento do Servizo de Transporte Urbano da Coruña, e mais da fórmula polinómica para o cálculo do billete, tal e como permite o artigo 12.3 do convenio regulador da concesión.

Así mesmo, o Bloque volve denunciar que mentres non se revisen a concesión e mais a fórmula polinómica, a empresa concesionaria seguirá a frotarse as mans cos suculentos beneficios que recibe por conta de todos e todas nós.

O BNG denuncia que, un ano máis, a Compañía de Tranvías obtén beneficios por conta dxs coruñesxs