O BNG denuncia a insistencia de Negreira por sacar adiante a feira taurina

O BNG denuncia a insistencia de Negreira por sacar adiante a feira taurina

A Coruña, 12 de setembro de 2014.- Ante as palabras esta mañá do Alcalde de que se presentou unha oferta para organizar a feira taurina de outubro, o Bloque Nacionalista Galego denuncia a insistencia deste e máis do seu Goberno por sacar adiante a feira, tendo en conta que publicou unhas novas condicións para a adxudicación nas que se rebaixou o 60% do canon logo de que o concurso para as festas de María Pita quedase deserto.

A teima do Goberno Local vai contra o nulo interese que mostra o pobo coruñés a este tipo de eventos que nada teñen a ver coa tradición de Galiza e que cada vez rexeita máis a cidadanía, malia a teima do Partido Popular en levalos adiante.

O BNG denuncia a insistencia de Negreira por sacar adiante a feira taurina