O BNG denuncia a herdanza do PP: maior presión fiscal e maior endebedamento

O BNG denuncia a herdanza do PP: maior presión fiscal e maior endebedamento

A Coruña, 12 de setembro de 2014.- Logo de se faceren públicos os resultados individualizados dos saldos orzamentarios de todos os concellos do Estado en 2013, hai unha evidencia innegábel, que os despilfarros do Partido Popular no Concello da Coruña (Parrote e Festas, entre outros moitos gastos innecesarios) se pagan moi caros. Esta é a herdanza de Negreira, que se caracteriza por unha maior presión fiscal (622,76 euros de promedio pagou en impostos municipais cada coruñés en 2013, 65,64 euros máis que en 2012), un concello endebedado (78,21 millóns de euros de débeda municipal) e un concello que non cumpre cos obxectivos de estabilidade orzamentaria. E todo isto coa agravante de que a normativa de estabilidade que se aplica por igual a todos os concellos (galegos e españois) se incumpre no caso concreto do noso concello, de modo que o Goberno Local do Partido Popular pon á Coruña na lista das poucas cidades que incumpren cos obxectivos de estabiliade orzamentaria.

É a primeira vez que o Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas fai públicos os datos individualizados dos saldos orzamentarios de todos os concellos do Estado e é o propio Ministerio o que pon de manifesto que o Concello da Coruña, gobernado polo Partido Popular, está incumprindo o obxectivo de estabilidade orzamentaria. E faino logo de presumir de rigorosidade, control e eficiencia na xestión económica.

Segundo o propio Ministerio, e de acordo á Lei de Estabilidade Orzamentaria, as entidades locais con déficit en 2013 deberán presentar un plan económico financeiro, que no caso da Coruña será supervisado pola Xunta de Galiza

O BNG denuncia a herdanza do PP: maior presión fiscal e maior endebedamento