O BNG denuncia que o Goberno Municipal non é sensíbel ás necesidades d@s máis febles

O BNG denuncia que o Goberno Municipal non é sensíbel ás necesidades d@s máis febles

A Coruña, 3 de abril de 2014.- O Grupo Municipal do BNG denuncia que malia afirmar o Goberno Municipal na súa resposta ás alegacións ao novo Regulamento de Escolas Infantís que acepta as alegacións sobre o acceso de menores con NEAE (necesidades específicas de apoio educativo) presentada polo grupo nacionalista, por unha cidadá e pola ANPA da Escola Infantil Arela e introducir hoxe en comisión un pequeno cambio positivo, o certo é que o Goberno municipal empeorou, se cabe, a redacción inicial ao facer que este alumnado teña que se someter a unha dupla valoración.

Así no punto 3.4. do artigo 24, correspondente ao proceso de admisión, sinálase que “Como norma xeral, só se admitirá un/unha menor NEAE por unidade. Porén, esta limitación será valorada pola citada comisión considerando os dous informes anteriores”. E o punto 3.5, do mesmo artigo di que  “O Servizo Municipal de Educación garantirá que ningún menor con NEAE e os informes favorábeis á súa escolarización, quede sen praza nalgunha das escolas da REIM”. As nacionalistas manifestan que non saben de que informes se fala e supoñen que se refire aos necesarios para solicitar a flexibilización que sinala o punto 3.2 (“Poderase flexibilizar este requisito (de idade) para aqueles/as menores con NEAE susceptibles de integración. Para iso, presentarase ante a Comisión de Escolarización un informe do Equipo de Orientación Específico ou outra entidade pública especializada, en que se certifique oficialmente a discapacidade e aconsellando a súa escolarización, acompañado dun informe da Dirección da escola en que se valore se os recursos estruturais, materiais e humanos de que dispón, son os adecuados para a súa educación e atención”), é dicir, quedar un ano máis nunha EI en vez de incorporarse a un CEIP.

E se é lóxico que se pidan informes para permanecer un ano máis na Educación Infantil, como van ser obrigatorios estes informes, pregúntasnse as nacionalistas, para o acceso a unha escola de EI para nenas e nenos con NEAE. Así denuncian que isto é inxusto, discriminatorio e tamén imposíbel de conseguir. “Porque o Sr Concelleiro debería saber que o Equipo de Orientación Específico (dependente da Consellaría de Educación) non fai informes para acceder a unha Escola Infantil (si para a flexibilización).

Así as nacionalistas pregúntanse por que se somete a esa dupla valoración ao alumnado con NEAE e non ao outro alumnado. Isto, sinalan as nacionalistas leva a preguntarse, se todo o alumnado con NEAE debe presentar informe favorábel á escolarización ou só terían que presentar os informes no caso de se xuntar dous alumnos ou alumnas con NEAE nun aula?

Todos estes interrogantes evidencian que o cambio, lonxe de clarificar e mellorar a situación, dificúltaa e complícaa, cando o lóxico e o xusto sería garantir sen "peros" a igualdade de oportunidades para os nenos e nenas con necesidades específicas de atención educativa.

O BNG denuncia que o Goberno Municipal non é sensíbel ás necesidades d@s máis febles