Dor pola morte de Manuel Álvarez Torneiro, un dos grandes da literatura galega

Torneiro [Foto: Kalandraka].
Torneiro [Foto: Kalandraka].

O BNG da Coruña recibiu con grande tristura a noticia da morte do poeta Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932-2019), unha das voces máis expresivas e brillantes da literatura galega das últimas décadas.
 

Dor pola morte de Manuel Álvarez Torneiro, un dos grandes da literatura galega

Dono dalgúns dos galardóns de maior prestixio da poesía na península ibérica, entre eles o Premio Nacional e o Premio da Crítica, Manuel Álvarez Torneiro, quen tamén foi un xornalista de grande alento, deixa unha obra dunha enorme calidade sen a cal será imposíbel historiar a literatura deste tempo.

Neste momento de dor pola perda, o BNG transmite as súas condolenzas á familia e ás persoas achegadas ao grande poeta.