O BNG critica a adxudicación a dedo dos colectores da roupa a Padre Rubinos

O BNG critica a adxudicación a dedo dos colectores da roupa a Padre Rubinos

A Coruña, 9 de abril de 2015.- O Grupo Municipal do BNG amósase moi crítico coa adxudicación a dedo durante 15 anos do servizo de recollida de roupa usada á entidade relixiosa Padre Rubinos, que se ten beneficiado de numerosísimos convenios nominativos ao longo destes catro anos de Goberno do Sr. Negreira. As nacionalistas, que solicitaron acceso ao expediente relativo a este novo convenio, lamentan o favoritismo de Negreira pola entidade relixiosa e reivindican igualdade de oportunidades para todas as entidades.

Neste sentido, o Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que o Goberno do Sr. Negreira lle puxo trabas a entidades non gobernamentais para proxectos semellantes. Así, impediulle desenvolver un proxecto piloto para a recollida de aceite usado a Arquitectos Sen Fronteiras. O mesmo aconteceu con Equus Zebra, que chegara a presentar un proxecto de recollida de roupa usada no Concello.

O BNG critica a adxudicación a dedo dos colectores da roupa a Padre Rubinos