O BNG conmemorará o Día do Estatuto cunha conferencia de Pilar García Negro

O BNG conmemorará o Día do Estatuto cunha conferencia de Pilar García Negro

A Coruña, 28 de xuño de 2013.- Con motivo do 77 aniversario do plebiscito do Estatuto do 28 de xuño 1936, que o pobo galego referendou por amplísima maioría (99,24%), o BNG da Coruña organiza unha conferencia da profesora da UdC e ex deputada nacionalista Pilar García Negro, que contará todos os aspectos históricos do Estatuto para, posteriormente, debater coas persoas que participarán neste acto público.

Esta actividade, aberta a todo o público, coa que o BNG da Coruña conmemora o Día do Estatuto terá lugar o vindeiro xoves, 4 de xullo, ás 20h, na A.C. Alexandre Bóveda (r/Olmos 16).

O BNG conmemorará o Día do Estatuto cunha conferencia de Pilar García Negro