O BNG congratúlase de que finalmente non se permitan as cafetarías proxectadas para a Mariña

Recreación virtual do proxecto dunha das cafetarías proxectadas para a Mariña
O BNG congratúlase de que finalmente non se permitan as cafetarías proxectadas para a Mariña

A Coruña, 2 de maio de 2016.- O Grupo Municipal do BNG congratúlase, tal e como vén recollido en diversos medios de comunicación no día de hoxe, que finalmente sexan declarados incompatibles respecto da normativa actual, sendos locais de hostalaría proxectados para a Mariña, o cal impediría a súa construción.

O Grupo Municipal do BNG congratúlase de que finalmente non se permita a construción dos dous locais para a hostalaría previstos na Mariña

Recreación virtual do proxecto dunha das cafetarías proxectadas para a Mariña

E é que o BNG xa advertía a principios de 2014, cando a Autoridade Portuaria sacaba a concurso para o outorgamento de dúas concesións para a ocupación dos locais nos baixos do Parrote e da contratación para a realización das obras de urbanización da Mariña, que estaba a actuar ilegalmente ao licitar estes dous contratos ao abeiro dunha normativa urbanística que aínda non estaba en vigor, xa que logo, a aquela altura, nin o Plan especial de ordenación da zona de servizo do porto (PEOZOS) nin o Plan especial de protección e reforma interior da Cidade Vella e a Pescaría (PEPRI) estaban aprobados xa que estaban pendentes da súa aprobación definitiva, e sen ter resoltas as alegacións presentadas, incluídas as que o propio BNG rexistrara.

O BNG xa advertira a principios de 2014 que eses locais destinados para usos de hostalaría e proxectados para a Mariña, de se construír, presumibelmente incorrerían en ilegalidade urbanística

Imaxe dunha das concetracións en contra das obras da Mariña

As nacionalistas lembran que precisamente os usos que se contemplaban para os espazos da Mariña, -entre outros contemplábanse usos terciario comercial: uso recreativo: salas de reunión (cafés concerto, pubs, discotecas, casinos, bingo, salas de festa e baile e asimilados), espectáculo (cinemas, teatro e asimilados), estabelecementos para consumo de bebidas e comidas (restaurantes, bares e asimilados) e outros (parques infantís, acuarios….)-, eran contraditorios aos usos previstos noutros documentos urbanísticos, como é o caso do Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións para a mobilidade na zona da Mariña e do Parrote, que só recoñece usos culturais.

Deste xeito, Grupo Municipal do BNG denunciaba naquela altura que tanto o Goberno municipal do PP como a Autoridade Portuaria tentaban silenciar o destino dos edificios proxectados na urbanización da Mariña. Naquel momento, precisamente, o propio Goberno do Sr. Negreira eludía o tema cando o BNG, no mes de maio de 2014, realizaba unha pregunta oral formulada en Pleno, e impedía o debate dunha moción na que, entre outras cuestións, rexeitábase o destino hostaleiro das edificacións, nun evidente intento por agochar as intencións verdadeiras, e doutra volta, un presumíbel novo intento de colar ás coruñesas e coruñeses un pelotazo urbanístico.

Avia Veira: “O abrir dúas cafeterías, de 158 y 191 metros cadrados nese emprazamento, asemade de supoñer unha presumíbel ilegalidade urbanística suporían graves prexuízos económicos e unha competencia desleal aos negocios de hostalaría que existen na zona da Mariña”

“Congratulámonos de que finalmente non xe executen os dous inmobles na explanada da Mariña. Alén das presuntas ilegalidades urbanísticas que puideran cometerse, ou que a Autoridade Portuaria pretendera seguir facendo caixa co concurso para a concesión privada da xestión deses dous locais de hostalaría, o feito de evitar os graves prexuízos económicos e a competencia desleal que suporían eses novos estabelecementos hostaleiros aos negocios de hostalaría que existen na zona, é unha boa nova, e que dá a razón as denuncias que se formularon desde o Grupo Municipal do BNG no seu día”, conclúe Avia Veira.

O BNG congratúlase de que finalmente non se permitan as cafetarías proxectadas para a Mariña