O BNG chama a veciñanza a participar na asemblea aberta do martes

O BNG chama a veciñanza a participar na asemblea aberta do martes

A Coruña, 29 de setembro de 2014- O BNG da cidade da Coruña anima a veciñanza a participar na asemblea aberta convocada para mañá, martes, 30 de setembro, ás 20h, no salón de actos do edificio sindical (avenida Alfonso Molina). Esta asemblea aberta forma parte do proceso “Construíndo futuro”, unha proposta integradora e participativa de base nacionalista que servirá para afondar no proceso de diálogo e interlocución directa co pobo.

O responsábel local do BNG, Raúl Fernández, pon de manifesto que o encontro servirá para afondar no proceso de diálogo coa veciñanza en xeral e coas persoas procedentes dos movementos sociais, veciñais e culturais que son contrarias aos recortes de dereitos democráticos que practica o PP e que coinciden na defensa de Galiza como país. Raúl Fernández salienta que o obxectivo da asemblea aberta pasa por escoitar a todo o pobo rebelde, que vén pedindo unha participación directa na vida política da Coruña. Así, o responsábel local do BNG sinala que cómpre maior capacidade de participación e de decisión como garantía dunhas institucións municipais abertas e democráticas, onde non haxa lugar para as prácticas clientelares e corruptas.

Raúl Fernández chama á mobilización social do pobo de cara a construírmos unhas políticas alternativas que teñan como centro Galiza e as clases traballadoras e avoga por ensanchar a base nacionalista atraendo máis persoas, así como por recibir ideas e propostas que contribúan a facer unha alternativa máis plural.

O BNG chama a veciñanza a participar na asemblea aberta do martes