O BNG chama a participar na folga estudantil de mañá, 9 de maio

O BNG chama a participar na folga estudantil de mañá, 9 de maio

A Coruña, 8 de maio de 2013.- O BNG da comarca da Coruña apoia e chama a mocidade a mobilizarse na na folga estudantil de mañá xoves, 9 de maio, contra o modelo educativo do PP, nomeadamente contra a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). Con esta reforma, coñecida como a Lei da Wertgoña, o PP quere facernos retroceder ao modelo educativo do franquismo, acabar co carácter público, universal e gratuíto do ensino e reforzar o seu papel españolizador.

As nacionalistas, que participarán na manifestación convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que parte mañá ás 11.30h da Praza de Vigo, denuncian que a LOMCE é profundamente españolizadora e privatizadora e advirten de que retrotrae o sistema educativo aos postulados do franquismo e que recolle a visión da educación da Conferencia Episcopal.

O BNG chama a participar na folga estudantil de mañá, 9 de maio