"O BNG aporta esa tensión transformadora que a cidade necesita"

Jorquera, esta mañá con Mayte González.
Jorquera, esta mañá con Mayte González.

Jorquera di que se percibe  "unha corrente crecente de simpatía arredor do BNG".

"O BNG aporta esa tensión transformadora que a cidade necesita"

Francisco Jorquera participou esta mañá do Día da Radio convidaddo por Radio Coruña Cadena SER a unha entrevista nunha cafetería do centro da cidade. O candidato do BNG á Alcaldía da Coruña nas próximas municipais de maio explicou que as nacionalistas están a percibir "unha corrente crecente de simpatía arredor do BNG" e mostrouse convencido de que até as eleccións ese sentimento irá en aumento "porque presentamos unha lista moi potente, con xente diversa, preparada, dun claro perfil social, que foi moi ben acollida".

 

WhatsApp Image 2019-02-13 at 15.16.09"E ademais", engadiu Jorquera, "a xente acredita na capacidade do BNG para que A Coruña acometa cambios en serio". O líder nacionalista leva meses falando con asociacións, colectivos e veciñanza para coñecer o sentir da cidade e insistindo "na necesidade da política, entendida como capacidade de diálogar para chegar a acordos" e advertindo do perigo dunha desmobilización do voto que beneficie "a esa Triple Alianza que quere que retornemos a un pasado negro”.

 

Esta mañá en Radio Coruña, durante a conversa con Mayte González, Jorquera volveu subliñar que en canto a pactos de goberno, "o BNG ten claro que calquera acordo ten que ser en base a compromisos programáticos claros, transparentes e que a sociedade coruñesa coñeza". "O programa por diante", resumiu o nacionalista antes de incidir en que "o BNG aporta esa tensión transformadora que a cidade necesita".

 

Jorquera defendeu a abstención do BNG a través de Avia Veira aos orzamentos presentados no pleno do luns e reiterou os argumentos expresados no pleno pola concelleira, e respecto do modificativo de crédito en marcha dixo que ´"é necesario para atender necesidades urxentes". Cuestionado pola primeira media que debería tomar o novo goberno despois de maio, Jorquera explicou que "cuestións urxentes hai moitas: políticas sociais, políticas de vivenda, de emprego..., pero se teño que sinalar unha que acometería o BNG, diría que sería cambiar o modelo de mobilidade na cidade".