O BNG apoia a folga do sector do lixo e pide acabar coa fraude da reciclaxe

O BNG apoia a folga do sector do lixo e pide acabar coa fraude da reciclaxe

A Coruña, 4 de outubro de 2013.- O BNG da comarca da Coruña transmite o seu apoio á folga convocada de hoxe ás 23h a mañá ás 23h no sector da recollida e tratamento do lixo, folga que afectará á planta de Nostián, á recollida do lixo na cidade da Coruña e nos concellos do Consorcio das Mariñas (Cespa), a Sogama, ao vertedeiro de Areosa e á planta de tratamento do lixo de Lousame. Edís nacionalistas dos concellos da comarca, así como os cargos orgánicos do BNG da comarca, asistirán á manifestación que terá lugar mañá, sábado, ás 12h, con saída da praza de Pontevedra.

O BNG da comarca da Coruña, que pide a intervención da concesión administrativa de Albada, reivindica acabar coa estafa social que se está a perpetrar na planta de Nostián e volve denunciar a conivencia escandalosa do Goberno do Sr. Negreira con Albada. O alcalde da Coruña segue a negarse a facer públicas as auditorías que demostrarían os incumprimentos desta concesionaria municipal respecto da porcentaxe de refugallos tratados. Mentres tanto, a veciñanza da cidade da Coruña e do Consorcio das Mariñas segue a pagar impostos por unha reciclaxe inexistente. E é que, como teñen denunciado os traballadores, cada día a porcentaxe de reciclaxe é menor e cada día máis lixo remata en vertedoiros que, curiosamente, pertencen a Urbaser (grupo de Florentino Pérez do que forma parte Albada).

O BNG apoia a folga do sector do lixo e pide acabar coa fraude da reciclaxe