O BNG anima a participar na "Festa da cultura" contra a LOMCE

O BNG anima a participar na "Festa da cultura" contra a LOMCE

LOMCEA Coruña, 12 de novembro de 2013.- O BNG da Coruña súmase e chama a participar na “Festa da Cultura” promovida pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (da que forma parte o BNG) contra a LOMCE. O acto festivo-reivindicativo, en que participan César Cambeiro, Combo de Jazz do Conservatorio, Magín Blanco, María Canosa, Martín Camiña, Pedro Brandariz, Tombalobos Orquestra ou Xabier Díaz, terá lugar mañá, mércores, ás 19h, no auditorio Andrés Gaos do Conservatorio.

O BNG da Coruña anima o pobo a se mobilizar contra unha lei do PP que rexeita toda a comunidade educativa por ser privatizadora, clasista, antipedagóxica e antigalega. Ademais de desmantelar o ensino público, a LOMCE supón unha auténtica involución no proceso educativo, xa que recorta recursos, bolsas e mais orzamentos. Nesta liña, as nacionalistas acusan o PP de aproveita a crise para facer reformas regresivas, impoñendo reválidas que expulsarán do sistema educativo un bo número de estudantes.

Fronte este deterioro do ensino público, o BNG defende unha sociedade baseada no coñecemento e unha sociedade na que a educación se erixa como eixo fundamental para garantir a igualdade de oportunidades. Só así, salienta o BNG, construíremos unha sociedade máis xusta e só así, engade, se formarán as xeracións do futuro.

 

O BNG anima a participar na "Festa da cultura" contra a LOMCE