ESPOLIO DA CIDADE

Blindemos os terreos da Solana e do Hotel Finisterre

Cabeceira da manifestación realizada en maio en demanda da devolución dos terreos portuarios obxecto de especulación
Cabeceira da manifestación realizada en maio en demanda da devolución dos terreos portuarios obxecto de especulación

Avanzamos o noso apoio á moción presentada polo Comisión Aberta en Defensa do Común que lle foi achegada a todos os grupos esta semana

A semana pasada valoraramos coma un “oprobio” para A Coruña e para Galiza a actitude do presidente de Portos do Estado, e de “cómplice” a actitude de Feijóo a respecto dos peiraos, e advirtiamos da necesidade de que o Goberno municipal actúe con contundencia e procedese a facer ouvir a voz das coruñesas e dos coruñeses convocando a consulta popular sobre o futuro do terreos portuarios canto antes

Levamos advertindo desde xa hai mais de cinco anos da situación dos peiraos interiores, do pretendido espolio da Coruña é da folla de ruta trazada pola Autoridade Portuaria e Portos do Estado. Cómpre actuar de vez e non perder a oportunidade histórica que nos dá unha maioría absoluta de forzas para protexer os intereses do pobo da Coruña. Por iso animamos a que os grupos municipais da Marea Atlántica e do PSOE apoien tamén esta moción e formen parte desta fronte común, comezando por blindar os terreos da Solana e do Hotel Finisterre

Blindemos os terreos da Solana e do Hotel Finisterre

Esta mañá xa avanzamos que apoiaremos, no Pleno ordinario que se celebrará este luns, a moción que lle foi trasladada a todos os grupos municipais pola Comisión Aberta en Defensa do Común, e na que, entre outros acordos, se solicita que o Pleno aprobe demandar ao Goberno municipal que faga valer nos xulgados, tal e como anunciou o alcalde, a titularidade municipal dos terreos do vello Cárcere da Audiencia, que hoxe forman parte do complexo Solana-Hotel Finisterre, instar, do mesmo xeito, o Goberno municipal para que a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal-A Solana restableza a característica de público de todo o ámbito concesional dos terreos correspondentes ao Complexo Deportivo da Solana e do Hotel Finisterre, na súa fronte ao Paseo do Parrote, co obxectivo de impedir a súa privatización, ou mesmo cualificar como lamentábel a deslealdade institucional da Xunta e Portos do Estado, marxinando ao concello da Coruña do debate e toma de decisións sobre o futuro dos peiraos e do litoral da cidade, cando é quen ten competencias urbanísticas.

Neste sentido, e facendo referencia á reunión mantida entre o Sr. Llorca e o Sr. Feijoo, valoraramos no mesmo día desta reunión coma un “oprobio” para A Coruña e para Galiza a actitude do presidente de Portos do Estado, e de “cómplice” a actitude do Presidente da Xunta, a respecto dos peiraos, advertindo, asemade, da necesidade de que o Goberno municipal actuara con contundencia procedendo a facer ouvir a voz das coruñesas e dos coruñeses convocando a consulta popular sobre o futuro do terreos portuarios canto antes.

Levamos advertindo desde xa hai mais de cinco anos da situación dos peiraos interiores, do pretendido espolio da Coruña é da folla de ruta trazada pola Autoridade Portuaria e Portos do Estado. Cómpre actuar de vez e non perder a oportunidade histórica que nos dá unha maioría absoluta de forzas para protexer os intereses do pobo da Coruña. Por iso animamos a que os grupos municipais da Marea Atlántica e do PSOE apoien tamén esta moción e formen parte desta fronte común, comezando por blindar os terreos da Solana e do Hotel Finisterre”, sinala a portavoz nacionalista no Concello da Coruña Avia Veira.

Asemade, a moción que elaborou a Comisión Aberta, tamén recolle reiterar en lle esixir á Autoridade Portuaria a devolución gratuíta da Solana e do Hotel Finisterre, cando acabe a actual concesión en 2027, tal e como xa aprobou o Pleno do Concello da Coruña o 9 de xaneiro de 2017, insistindo na oposición á especulación e venda do hotel Finisterre, mediante poxa, e que só beneficiaría intereses privados, e amosar o apoio as iniciativas e convocatorias da propia Comisión.

A Coruña, 4 de novembro 2017

Artigos relacionados: