RENDA SOCIAL MUNICIPAL

Os barrios apostan por unha Renda Social Municipal universal

Recollida de sinaturas nas Conchiñas
Recollida de sinaturas nas Conchiñas
Os barrios apostan por unha Renda Social Municipal universal

Ao longo da tarde deste mércores realizamos unha recollida de sinaturas e reparto da nosa emenda á Ordenanza Reguladora da Renda Social Municipal e e cómpre destacar a participación da veciñanza nesta iniciativa, subliñando a importancia de garantir que a ordenanza, na súa aprobación definitiva, sexa de acceso universal.

 

 

 

Queremos salientar a participación da veciñanza na recollida de emendas para que a Renda Social Municipal sexa universal

 

 

 

Momento da recollida de sinaturas esta tarde na praza das Conchiñas

Hai que lembrar que o pasado xoves 21 remitimos ao conxunto do tecido asociativo da cidade o modelo de alegación á Renda Social, xa que entendemos que a redacción actual do articulado non permite un acceso universal xa que logo deixa fóra do acceso a esta prestación a moitas persoas por causa da súa orixe, e sinalamos que ningunha persoa é ilegal, e cremos que a renda debe servir para axudar as persoas que máis sofren e ás máis excluídas, cousa que a actual ordenanza no seu articulado non garante pois exclúe un colectivo moi importante de migrantes que aínda non teñen a residencia.

 

 

 

Estivemos ao longo da tarde de hoxe recollendo sinaturas na praza das Conchiñas e mañá presentaremos as alegacións acadadas durante estes días

 

 

 

Temos pensado mañá pola mañá facer entrega no rexistro do Concello do conxunto de emendas que estes días fumos recollendo nas distintas mesas que colocamos na cidade e confíamos que finalmente, o Goberno municipal, acepte as nosas achegas e que o artigo 13 da ordenanza deixe de facer referencia á necesidade de que “as persoas de Estados non membros da Unión Europea deberán acreditar a residencia legal en España no momento de presentación da solicitude”, cando estas tiveren residencia real e efectiva na Coruña e estiveren xa empadroadas na nosa cidade e coa antigüidade mínima de seis meses, tal e como se sinala anteriormente nese mesmo artigo.

 

A Coruña, 27 de xullo de 2016

 

Artigos relacionados: