A "barra libre" de horarios comerciais suporá a destrución do pequeno comercio

A "barra libre" de horarios comerciais suporá a destrución do pequeno comercio

A Coruña, 5 de xullo de 2014.- O Bloque Nacionalista Galego manifesta, tras a publicación hoxe no BOE do Real Decreto-Lei de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, que a medida salvaxe da “barra libre” nos horarios comerciais do Partido Popular vai supor a desaparición do pequeno e mediano comercio coruñés e un empeoramento das condicións laborais das persoas que traballen en estabelecementos sen limitación de horarios.

As nacionalistas alertan que a “barra libre” dos horarios comerciais se pode aplicar en toda a cidade da Coruña, e non só en zonas determinadas, pois se transcorridos seis meses desde a entrada en vigor deste decreto-lei a Xunta non aproba a delimitación de zona de gran afluencia turística, a proposta do Concello, toda a cidade quedará baixo a liberalización horaria comercial.

O BNG sinala que con esta medida de liberdade de horarios comerciais, ademais, o comercio de barrio estará en perigo de extinción, xa que as grandes áreas comerciais tamén se beneficiarán da “barra libre”.

A "barra libre" de horarios comerciais suporá a destrución do pequeno comercio