ESTE XOVES 14M

Avia Veira pedirá no Pleno que se axilicen as axudas do bono taxi para as persoas con mobilidade reducida

taxi

A concelleira do BNG Avia Veira vaille dirixir unha pregunta ao Goberno Local, no Pleno deste próximo xoves, en relación á convocatoria de axudas de bono-taxi para as persoas con mobilidade reducida.

Avia Veira pedirá no Pleno que se axilicen as axudas do bono taxi para as persoas con mobilidade reducida

Estas axudas fixéronse públicas o pasado 28 de xaneiro e o prazo de presentación de solicitudes rematou o 26 de febreiro. Pois ben, como denuncia a concelleira nacionalista, aínda non está resolta a convocatoria.

"Temos absoluta empatía cos servizos sociais do Concello e sabemos que están a soportar unha sobrecarga brutal de traballo tendo en conta a anormalidade da situación, mais queremos e pedimos que se axilice a resolución destas axudas que son fundamentais para as persoas con mobilidade reducida -para elas poderen acudir ás súas citas médicas ou para en xeral faceren a súa vida- e que tamén teñen un impacto no sector do taxi", afirma Avia Veira.

"Imos perguntarlle ao Goberno Local se considera prioritarias as accións destinadas ás persoas con mobilidade reducida, porque é moi habitual que estas políticas non ocupen precisamente o centro das axendas", di a concelleira.

Avia Veira pedirá no Pleno que se axilicen as axudas do bono taxi para as persoas con mobilidade reducida