A CONCELLEIRA PEDIRÁ AO EXECUTIVO QUE FAGA UNHA AVALIACIÓN DA SÚA XESTIÓN CULTURAL NO PLENO DO 10S

Veira critica a "falta de compromiso" do Goberno Local coa cultura

A concelleira do BNG Avia Veira vai demandar do Goberno Local que faga unha avaliación da súa xestión en materia de política cultural no pleno do vindeiro 10 de setembro.
Veira critica a "falta de compromiso" do Goberno Local coa cultura

A formación nacionalista é moi crítica co balance que o Goberno Local pode presentar até o momento en relación coa cultura. “Hai falta de compromiso, de implicación e de iniciativa”, resalta Avia Veira.

“Non hai programación cultural. Non hai coidado das infraestruturas. Non se está a termar adecuadamente nin da Banda de Música Municipal nin da Escola Municipal de Música nin da Orquestra Sinfónica de Galiza. Non hai iniciativa nin programación propia con promoción de artistas locais, de todos os tipos, durante o ano”, esténdese a concelleira.

“Non hai programación cultural. Non hai coidado das infraestruturas"

“Esa falta de compromiso foi moi notoria durante as festas e a feira do libro”, apunta Avia Veira, quen lembra tamén incumprimentos por parte do Goberno Local como a aínda non licitación do novo contrato das bibliotecas municipais. “O concurso está por convocar e hai que recordar que o compromiso que adquiriron co BNG era o de unificar a rede de bibliotecas baixo a fórmula da xestión directa por parte do Concello”, remarca.

“É mágoa que a política cultural do Concello non estea á altura do potencial que ten a nosa cidade. Cando presentamos o noso programa nas municipais de maio de 2019 dixemos que A Coruña ten todas as cualidades para ser a capital cultural de Galiza. A frase fixo fortuna e mesmo Inés Rey chegou a facela súa. Lástima que a xestión nesta materia feita polo Goberno Local estea moi por debaixo dese potencial que temos como cidade”, conclúe.

 

Veira critica a "falta de compromiso" do Goberno Local coa cultura