BNG

Ataque vandálico á nosa sede

Avia Veira (Portavoz no Concello), Vitoria Louro (Responsábel Comarcal) e Manel Méndez (Responsábel Local) ao carón do mural danado esta madrugada.
Avia Veira (Portavoz no Concello), Vitoria Louro (Responsábel Comarcal) e Manel Méndez (Responsábel Local) ao carón do mural danado esta madrugada.

A nosa sede sufre un ataque vandálico na noite deste domingo

O mural instalado na fachada de entrada do local na rúa Damas na Cidade Vella, obra de Felipe-Senén López Gómez, e que representaba á Torre de Hércules, foi obxecto dunha pintada que escureceu todo o panel

Este ataque, que se suma a outros varios que están acontecendo noutras partes de Galiza, pola súa execución transcende a un acto improvisado e que requiriu dunha planificación detallada e intencionada. Se o seu obxecto foi tentar amedrentarnos, nunca tan lonxe cumprirá a súa intención, reforzando o noso ideario e a nosa práctica diaria

Ataque vandálico á nosa sede

O noso local na cidade ven de ser obxecto, na noite desde domingo, dun ataque vandálico.

O mural de Felipe-Senen  obxecto do ataque vandálico que estaba colocado á porta do noso local na rúa damas

Deste xeito, o mural instalado na fachada de entrada á nosa sede da rúa Damas da Cidade Vella foi completamente escurecido mediante o uso de sprays de pintura negra de tal forma que o mural foi danado de xeito definitivo e irreparábel.

A obra, lembremos un mural sobre cartón-pluma instalado ao carón da porta da entrada da nosa sede, fora realizado no seu día polo noso compañeiro Felipe-Senén López Gómez, e representaba a unha Torre de Hércules símbolo “dunha Coruña como un faro para Galiza”, no cal unha grande estrela vermella se alzaba sobre o monumento patrimonio da humanidade.

Este ataque, que se suma a outros varios que están acontecendo noutras partes de Galiza, pola súa execución transcende a un acto improvisado e que requiriu dunha planificación detallada e intencionada. Se o seu obxecto foi tentar amedrentarnos, nunca tan lonxe cumprirá a súa intención, reforzando o noso ideario e a nosa práctica diaria.

A Coruña, 31 de xullo de 2017.