Após o peche do pavillón de Riazor, queremos saber que medidas se pensan adoptar para aloxar as persoas sen teito

A concelleira do BNG Avia Veira dirixiu unha pregunta por escrito ao Goberno Local en relación ás medidas de protección que se teñen adoptado desde o Concello para aloxar a poboación sen teito durante a crise da Covid-19.
Após o peche do pavillón de Riazor, queremos saber que medidas se pensan adoptar para aloxar as persoas sen teito

En concreto, a edil nacionalista demanda información sobre o dispositivo posto en marcha no Pavillón de Riazor, que funcionou xustamente até onte, e nese sentido pregunta cantas persoas sen teito durmiron nesa instalación deportiva e se se recompilaron datos sobre elas "coa finalidade de as poder axudar e de facer intervención social con elas".

Veira tamén inquire ao Goberno Local sobre que medidas contempla o executivo coruñés para que, unha vez xa fechado o Pavillón de Riazor para estes usos, se poda prestar servizo a estas persoas para que non teñan que durmir na rúa.

Após o peche do pavillón de Riazor, queremos saber que medidas se pensan adoptar para aloxar as persoas sen teito