CAMPO DA LEYMA

Apáganse as luces no campo da Leyma

Vista xeral do campo Víctor Fernández Alonso, antiga Leyma
Vista xeral do campo Víctor Fernández Alonso, antiga Leyma

Preguntamos pola cancelación de diversos partidos de competición oficial neste campo municipal provocados pola falta de iluminación

Xa avanzamos que incluiremos na emenda aos orzamentos unha partida de investimentos para a reparación e, no seu caso, mellora na dotación das infraestruturas de iluminarias da instalación municipal

Apáganse as luces no campo da Leyma

Preguntaremos (podes ver aquí a iniciativa) á Concellaría de Culturas e Deportes sobre as causas da suspensión de diversos partidos de competición oficial co campo municipal da Leyma provocados pola falta de iluminación.

E é que na pasada fin de semana tivo que ser suspendida a competición de sendos partidos oficiais, entre o Ural C.F. B e o R.C. Deportivo B da Liga Galega Cadete, e o Liceo de Monelos S.D. e O Club Deportivo Cristal, da categoría Terceira Rexional da liga absoluta, que tiñan previsto disputarse no campo municipal de fútbol Víctor Fernández Alonso, antiga Leyma, ao considerar a arbitraxe designada para estes encontros que a iluminación proxectada polas iluminarias non era suficiente para a disputa da competición en condicións adecuadas.

Non é a primeira vez que isto acontece nesta instalación municipal, sendo recorrentes os problemas cos focos, e as queixas que se nos achegan desde distintas entidades, ademais de se amosar en numerosas ocasións publicamente a través das redes sociais, son habituais, xa que ao defectuoso mantemento das iluminarias, necesarias para unha correcta visión para a disputa dos partidos, hai que sumar problemas de potencia, segundo nos teñen comentado usuarios das instalacións.

Deste xeito xa avanzamos que na emenda aos orzamentos de 2018 que temos previsto presentar, incluiremos unha partida de investimentos para a reparación e, no seu caso, mellora na dotación das infraestruturas de iluminarias desta instalación municipal.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2018.