ORZAMENTOS

Outro ano máis dando un espectáculo a conta dos orzamentos municipais

Negámonos a participar na Xunta de Goberno coma convidadas de pedra

Cremos que este ano o Goberno Local superou o esperpento a respecto dos procesos de 2016 e 2017 ao se presentar un orzamentos que serán emendados antes mesmo de chegar á Comisión de Facenda

Consideramos inadmisíbel a tramitación da documentación do proxecto dos orzamento para 2018 e denunciamos que o pen trasladado pola Concellaría de Facenda non achega toda a documentación

Outro ano máis dando un espectáculo a conta dos orzamentos municipais

Vimos de amosar a nosa indignación polo proceso de toma de coñecemento, achega de documentación e convocatoria a debate do proxecto de orzamentos municipais 2018 realizado polo Goberno Municipal durante as últimas semanas.

Se xa tiñamos amosado o noso malestar despois de ter solicitado a principios deste mes un borrador do documento, solicitude da que nin tan sequera obtivemos resposta, despois de como se trasladou a documentación nas últimas 24 horas decidimos non participar da Xunta de Goberno celebrada esta mañá en protesta.

Así, a nosa voceira Avia Veira amosaou o seu malestar declarando “a súa negativa a participar coma convidadas de pedra a unha reunión (en alusión a Xunta de Goberno) da que puidemos dispoñer da súa documentación con menos de 24 horas, cando se trata do asunto máis importante para o ano 2018, fulcral para a implementación de políticas e da que en todo momento estivemos dispostas a participar e facer achegas. Cremos indignante a actuación do Executivo da Marea, agochando intencionadamente toda a documentación e impedíndonos facer o noso traballo e o noso labor de oposición”.

Un dos momentos da rolda de prensa de valoración da entrega do proxecto de orzamentos 2018

Cremos que se ten superado o esperpento dos procesos de 2016 e 2017 ao se presentar un orzamentos que serán emendados antes mesmo de chegar á Comisión de Facenda, xa que logo, e como aparece publicado hoxe en distintos medios de comunicación, a documentación que finalmente se achegou vai ser modificada por “un erro” ao non ser incluídas unha “axudas a entidades sociais” demandadas polo Grupo Municipal socialista no suposto proceso de negociación entre estes e a Marea Atlántica.

Semella unha situación surrealista, só explicábel pola necesidade que ten o Goberno municipal de querer aprobar os orzamentos antes de que acabe o ano, precipitadamente e xeito improvisado: e a guinda do pastel a todo este proceso de varios meses, incluídas unhas negociacións co Grupo Socialista que deu o visto e prace a un proxecto de orzamentos cuxo borrador definitivo non viran, tal e como recoñeceron a semana pasada. Desde logo, o BNG non sae do seu asombro.

Por último denunciamos tamén que o pen que nos trasladou a Concellaría de Facenda, e toda vez revisada toda a documentación, non achega completamente o conxunto do proxecto de orzamentos de 2018, faltando, por exemplo, a relativa ao IMCE.

A Coruña, 22 de decembro de 2017.

 

Artigos relacionados: