PREGUNTA POR ESCRITO DE AVIA VEIRA SOBRE O QUE FAI O CONCELLO ANTE O DÍA DO ORGULLO

Por que este ano o Goberno Local non pendurou a bandeira LGTBQi da fachada do Palacio de María Pita?

A concelleira do BNG Avia Veira dirixiu unha pregunta por escrito ao Goberno Local para coñecer as razóns que este ano levaron o Goberno Local a non pendurar, a principios do mes de xuño, a bandeira do colectivo LGTBQi na fachada do palacio de María Pita, xesto simbólico para conmemorar o Día Internacional do Orgullo. 
Por que este ano o Goberno Local non pendurou a bandeira LGTBQi da fachada do Palacio de María Pita?

Inquírelle tamén Avia Veira ao Goberno Local se o Concello ten programación propia para celebrar este día e, en caso afirmativo, se foi froito do diálogo "co asociacionismo representativo do colectivo LGTBQi".

Considera a concelleira nacionalista que neste momento é "imprescindíbel" que desde as administracións públicas se "erga a voz" e se sexa "constante" nas garantías dos dereitos das persoas LGTBQi "especialmente nun contexto de ascenso de ideoloxías que negan os diferentes xeitos de amar e de sentir (se)" e, nese sentido, denuncia como na nosa propia cidade teñen aparecido adhesivos con mensaxes como "Fuck LGTB" ou "AntiBujarras".

 

Por que este ano o Goberno Local non pendurou a bandeira LGTBQi da fachada do Palacio de María Pita?