Como afectará a senda peonil á mobilidade e ao aparcamento en Monte Alto?

Como afectará a senda peonil á mobilidade e ao aparcamento en Monte Alto?

Vimos de presentar unha batería de preguntas (podes velas aquí) a respecto da mobilidade no barrio de Monte Alto e en relación ao proxecto de senda peonil que o Goberno municipal ten adiantado que executará entre o Campo da Leña e a Torre de Hércules.

Presentamos unha batería de preguntas a respecto da senda peonil entre o Campo da Leña e a Torre de Hércules anunciada polo Goberno municipal

Deste xeito, interesámonos polo anuncio realizado polo Executivo local que o pasado día 30 de abril, nun acto no barrio de Monte Alto enmarcado na campaña “Dillo ti”, e logo reflectido por distintos medios de comunicación, anunciou a intención de crear unha senda peonil entre o Campo da Leña e a Torre de Hércules, que afectaría a numerosas rúas, entre elas, rúa Vereda do Polvorín, rúa Marola, rúa Suevia, rúa Ártabra, Rolda de Monte Alto etc, e que provocará unha reordenación da mobilidade e de prazas de aparcamento no barrio.

Interesamos polas repercusións que terá na mobilidade nas rúas afectadas e como se resolverá a eliminación de prazas de aparcamento en Monte Alto

É por iso que na nosa iniciativa, preguntamoslle ao Goberno municipal cales son as rúas que van ser incluídas neste plan, como vai a afectar esta senda á circulación no barrio, cantas prazas de aparcamento van ser eliminadas e onde se van crear novas prazas para substituír as que se eliminasen.

Avia Veira: “Este proxecto de peatonalización supoñemos que debeu ser consultado coas diferentes asociacións e entidades que existen no barrio e coa veciñanza. A este respecto, desde hai anos, son varias a entidades que veñen demandando actuacións necesarias en mobilidade e que teñen presentado as súas propostas repetidamente”

“Na nosa iniciativa tamén lle preguntamos ao Executivo se ten habido algún tipo de participación veciñal ou consulta á veciñanza na preparación desta senda peonil e cal foi. A este respecto, desde hai anos, son varias a entidades que veñen demandando actuacións necesarias en mobilidade e que teñen presentado as súas propostas repetidamente. Por exemplo, segue sen resolverse a conexión entre Monte Alto co Materno e co Oncolóxico, polo que supoñemos que o proxecto presentado debeu ser consultado con estas entidades.”, conclúe a nosa concelleira Avia Veira.

A Coruña, 30 de maio de 2016

Como afectará a senda peonil á mobilidade e ao aparcamento en Monte Alto?