MOBILIDADE

Que aconteceu coas propostas do Foro de Mobilidade “Movémonos” celebrado o ano pasado?

Bus da liña 7 percorrendo as rúas de Xoán Flórez (foto: Wikipedia Commons Sicixia bus)
Bus da liña 7 percorrendo as rúas de Xoán Flórez (foto: Wikipedia Commons Sicixia bus)

Trasladamos esta mañá unha batería de preguntas para a súa resposta por escrito para o vindeiro Pleno a respecto das actuacións realizadas polo Goberno municipal en materia de mobilidade desde a celebración do Foro Movémonos

O alcalde presentou dez liñas de actuación para acadar unha mobilidade sostíbel que pasaban pola “aposta pola intermodalidade, a desconxestión do centro da cidade e do interior dos barrios, a redución progresiva da velocidade máxima do tráfico, o impulso ás vías ciclables e do espazo peonil, a monitorización da mobilidade a nivel urbano e metropolitano, o pulo á mobilidade peonil, ciclista e do transporte público colectivo –incluíndo para iso medidas fiscais e tarifarias– ou a introdución do ferrocarril como medio de comunicación na área metropolitana”. Queremos saber cal destas se teñen concretado neste mais dun ano desde a celebración do foro, ou se estamos ante outro brinde ao sol, con moita proposta mais ningunha actuación real

Solicitamos tamén nas súas iniciativas aclaracións a respecto de que medidas concretas ten tomado o Goberno municipal para a posta do  servizo do transporte de proximidade en San Diego e que medidas se teñen tomado para acadar un pacto de cidade pola mobilidade sostible, tal e como propoñía Xulio Ferreiro nesa xornada

Que aconteceu coas propostas do Foro de Mobilidade “Movémonos” celebrado o ano pasado?

Vimos de presentar unha batería de preguntas para a súa resposta por escrito no vindeiro Pleno ordinario de maio (podes descargalas premendo aquí) nas que demandamos ao executivo da Marea Atlántica aclaracións a respecto das actuación realizadas derivadas das conclusións e propostas que se realizaron durante a celebración do Foro pola Mobilidade Sostíbel Movémonos, realizado a principios de abril do ano pasado.

Deste xeito, queremos que o Goberno local concrete todas as actuacións que foron debulladas como liñas de actuación para a implementación dunha mobilidade sostíbel na cidade e que resultados se obtiveron desta implementación, os lugares afectados, o período de tempo nas que se aplicaron e numero total de veciñas e veciños que se viron afectados por estas actuacións.

O alcalde presentou dez liñas de actuación para acadar unha mobilidade sostíbel que pasaban pola “aposta pola intermodalidade, a desconxestión do centro da cidade e do interior dos barrios, a redución progresiva da velocidade máxima do tráfico, o impulso ás vías ciclables e do espazo peonil, a monitorización da mobilidade a nivel urbano e metropolitano, o pulo á mobilidade peonil, ciclista e do transporte público colectivo –incluíndo para iso medidas fiscais e tarifarias– ou a introdución do ferrocarril como medio de comunicación na área metropolitana”. Queremos saber cal destas se teñen concretado neste mais dun ano desde a celebración do foro, ou se estamos ante outro brinde ao sol, con moita proposta mais ningunha actuación real.

Por último, na mesma iniciativa tamén preguntamos polas propostas realizadas no mesmo foro polo alcalde a respecto dos usos futuro das instalacións de San Diego e a proposta dun pacto pola mobilidade para a cidade.

Neste foro tamén o alcalde fixo referencia ás infraestruturas da estación de mercadorías que hoxe existen no peirao de San Diego e aludiu á elaboración dun pacto pola mobilidade para o que apelaba a un amplo consenso; preguntámonos que medidas concretas ten tomado o Goberno municipal para a posta do servizo do transporte de proximidade en San Diego e que medidas se teñen tomado para acadar ese pacto de cidade pola mobilidade sostible.

 

A Coruña, 02 de maio de 2018