PREGUNTAS ORAIS

O despexo de “A Insumisa”, a concesión de Tranvías e os equipamentos a debate no Pleno de xuño

Exrterior da Comandacia antes das cargas policiais
Exrterior da Comandacia antes das cargas policiais

Preguntaremos no próximo Pleno sobre a xestión e as decisións tomadas a respecto da CSO A Insumisa

O Goberno local deberá dar conta no Pleno e á veciñanza da Coruña sobre a xestión desde o minuto cero, mais tamén do acontecido na xornada onde se produciron as cargas policiais, e debera asumir responsabilidades políticas: exixirémolas e agardamos que obren en consecuencia ao seu programa e ás súas promesas

Tamén preguntaremos oralmente na sesión ordinaria de xuño para saber se o Executivo local trasladou á Comisión Europeas a concesión da Compañía de Tranvías

Queremos coñecer, por último, de man do Executivo local, se se dotou a cidade dalgún novo equipamento durante este mandato

O despexo de “A Insumisa”, a concesión de Tranvías e os equipamentos a debate no Pleno de xuño

Vimos de presentar as que serán as nosas preguntas para a súa resposta oral para o vindeiro Pleno do mes de xuño.

Deste xeito, na nosa primeira interpelación, preguntaremos ao Goberno local sobre as decisións tomadas a respecto da CSO A Insumisa, co obxectivo de que o Executivo dea conta sobre os termos nos que se produciu o acceso da Policía Local ao edifico da antiga Comandancia de Obras e a posterior carga policial que provocou varias persoas feridas e momentos de elevada tensión.

Neste sentido, advertimos que todo o acontecido en todo o proceso e na xornada da intervención da Comandancia é responsabilidade do Goberno da Marea Atlántica e denunciamos que se se tivera un proxecto para estes espazos, mesmo incluso antes da súa ocupación, que lembramos foi a finais de 2016, ano e medio desde o comezo do mandato, e se tivera abordado desde o diálogo e a negociación aberta e directa a ocupación coas persoas que accederon ás naves da avenida do Metrosidero, estamos convencidas que o resultado tería sido outro.

O Goberno local deberá dar conta no Pleno e á veciñanza da Coruña sobre a xestión desde o minuto cero, mais tamén do acontecido na xornada onde se produciron as cargas policiais, e debera asumir responsabilidades políticas: exixirémolas e agardamos que obren en consecuencia ao seu programa e ás súas promesas electorais”, advirte a portavoz nacionalista Avia Veira.

O convenio coa Compañía de Tranvías

A segunda pregunta que trasladaremos é referida ás recomendacións da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia que subliñaba a necesidade de elevar á Comisión Europea a concesión sobre o transporte colectivo urbano da Coruña en beneficio da Compañía de Tranvías, por considerar que necesita obrigatoriamente axustarse á normativa europea.

Unha das presentacións de buses novos diante do Pazo Municipal

Lembramos que a CNMC entendeu, primeiro, que existe un contrastado e continuado beneficio a unha empresa privada a conta das arcas públicas; segundo, que até en tres ocasións este convenio non foi notificado á Comisión Europea para o seu contraste coa normativa europea; e terceiro, que as axudas subvencionadas á compañía, presuntamente son de carácter «incompatíbeis» coa normativa, debéndose proceder a se recuperar «en aras do interese xeral», incluíndo todo o período no que se ten concesionado o contrato para a xestión do transporte urbano sen se ter comunicado. Nós solicitamos e mesmo exiximos ao Goberno da Marea Atlántica que atendera a recomendación da CNMC por iso  quere saber se o fixo e quere que no Pleno quede constancia de que lado está este Goberno local: do lado dos intereses xerais da cidade ou do lado dunha compañía privada.

Os equipamentos na cidade da Coruña

Por último, preguntaremos sobre os novos equipamentos que foron executados ao longo deste mandato, e sobre aqueles que se teñen previsto desenvolver de aquí ao final do mesmo.

Neste caso, o Grupo Municipal do BNG solicita que o Executivo aclare que proxectos novos referidos ao conxunto de instalacións e servicios se teñen posto en funcionamento, ou se porán, nos barrios da cidade, a que areas do goberno se debe cada nova dotación, que veciñanza se ten beneficiado destas novas infraestruturas e que modelos de xestión se están desenvolvendo en cada un.

 

A Coruña, 1 de xuño de 2018.

O despexo de “A Insumisa”, a concesión de Tranvías e os equipamentos a debate no Pleno de xuño