BARRIOS

o 95% das actuacións nos barrios anunciadas polo Goberno municipal para 2016 non foron completadas

Mapa co seguimento realizado ás obras anunciadas, na maioría dos casos non realizadas, polo Goberno da Marea
Mapa co seguimento realizado ás obras anunciadas, na maioría dos casos non realizadas, polo Goberno da Marea

Presentamos esta mañá un informe de seguimento sobre as 57 actuacións anunciadas dentro do Plano de Intervención Urbana para 2016 das cales só 3 foron realizadas integramente

As actuacións anunciadas desde a concellaría de Rexeneración Urbana e Dereito á vivenda atendían as áreas, entre outras, de mellora de vías e espazos públicos, mobilidade, accesibilidade, iluminación, saneamento ou rehabilitación, obras necesarias e urxentes, que chegaron a cualificarse como «demandas históricas dos barrios»; preguntámonos porque non se realizaron cando se anunciou a bombo y platillo que ían a ser licitadas e executadas antes de 2017

Consideramos inadmisíbel que o Goberno da Marea, que se laia constantemente dos bloqueos que sufre da oposición, non executara nin tan sequera as actuacións que o propio Executivo avanzou que realizaría ao longo de 2016, e xa co orzamento aprobado, e cuestionamos a capacidade dos responsábeis da concellaría, mais preocupados pola propaganda que polas actuacións reais nos barrios, que volven a estar abandonados durante este mandato

o 95% das actuacións nos barrios anunciadas polo Goberno municipal para 2016 non foron completadas

Vimos de presentar publicamente esta mañá en rolda de prensa un informe (pódese descargar premendo aquí) no que se pon de manifesto que o 95 % das actuacións anunciadas polo Goberno municipal para os barrios en 2016 non foron completadas.

Hai que lembrar que no seu momento manifestamos a nosa satisfacción despois de que o concelleiro de rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, presentara, a mediados do ano pasado, e unha vez que xa foran aprobados os orzamentos, o Plan de Intervención Urbana para 2016, xa que logo a maioría das actuacións nas que se centraba o plan foran achegadas por nós como propostas aos propios orzamentos.  

Momento da rolda de prensa no que David Pena e Avia Veira ensinan a execución de obras en 2016

Naquel momento fixemos publica a nosa idea de que esas actuacións daban resposta a necesidades reais e que foramos recollendo polos barrios. Estaban incluídas no programa #TodasAsCoruñas co que nos presentamos ás elección municipais e insistimos durante o proceso de negociación dos orzamentos de 2016 que as actuacións eran urxentes e necesarias, e presentámolas como emenda aos mesmos. Entendiamos e entendemos que despois dos anos de abandono ao que se viran sometidos no mandato anterior os barrios da cidade debían ser unha prioridade e recuperar o ser protagonismo.

Mais levámonos unha sorpresa cando logo de comezar a facer o seguimento das actuacións (preme aquí para ver o listado), fomos comprobando, ben in situ, ben a través da lectura das resolucións, decretos e o perfil do contratante, que non se estaban a executar coa operatividade e axilidade que o propio concelleiro Xiao Varela anunciara que se ían facer; e entendemos que o noso deber non remata con propoñer as actuacións, indo máis ala, facendo tamén control e seguimento destas e comprobar o nivel de execución.

Grafico que amosa as porcentaxes de execución das 57 actuacions prometidas

Así, e despois de elaborar o informe de seguimento das 57 actuación anunciadas polo Goberno municipal, denunciamos que só 3 foron realizadas integramente, 13 actuacións foron realizadas parcialmente e 41, 3 de cada 4 intervencións, non foron executadas ao longo de 2016.

As actuacións anunciadas desde a concellaría de Rexeneración Urbana e Dereito á vivenda atendían as áreas, entre outras, de mellora de vías e espazos públicos, mobilidade, accesibilidade, iluminación, saneamento ou rehabilitación, obras necesarias e urxentes, que chegaron a cualificarse como «demandas históricas dos barrios»; preguntámonos porque non se realizaron cando se anunciou a bombo y platillo que ían a ser licitadas e executadas antes de 2017. Isto para nós é inadmisíbel e esiximos que dea explicación de inmediato de porque non foron executadas nos prazos que eles mesmos se marcaron para realizas.

Asemade, tamén preguntámonos que impedimentos foron os causantes para que a xestión para a realización destas obras no tempo sinalado e consideramos inadmisíbel que o Goberno da Marea, que se laia constantemente dos bloqueos que sufre da oposición, non executara nin tan sequera as actuacións que o propio Executivo avanzou que realizaría ao longo de 2016, e xa co orzamento aprobado, e cuestiona a capacidade dos responsábeis da concellaría, mais preocupados pola propaganda que polas actuacións reais nos barrios, que volven a estar abandonados durante este mandato.

Por último, xa avanzamos que presentaremos unha batería de preguntas no próximo pleno ordinario a respecto da situación actual destas obras e os novos prazos para que se executen.

Desde logo cremos que a xestión que realizou a concellaría foi nefasta. Mais ben nula, non existiu, e consideramos máis que necesario que o concelleiro dea explicacións e dea conta pública pois logo cremos que os barrios non poden estar na mesma situación de abandono que sufriron durante o mandato do Partido Popular.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2017

 

Noticias relacionadas