As 57 medidas que o BNG xa levaba no seu programa #TodasAsCoruñas

Momento da visita realizada a unha entidade veciñal durante o 1.º ano de mandato
Momento da visita realizada a unha entidade veciñal durante o 1.º ano de mandato
As 57 medidas que o BNG xa levaba no seu programa #TodasAsCoruñas

Momento da visita realizada a unha entidade veciñal durante o 1.º ano de mandato

As actuacións anunciadas onte polo Goberno municipal rebelan que a Marea Atlántica está tomando boa nota das demandas en materia de rexeneración e rehabilitación urbana recollidas por nós durante estes anos a través das achegas das entidades sociais.

Congratulámonos que moitas das actuacións que anuncio o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito a Vivenda, Xiao Varela, sexan demandas que o propio BNG ven trasladando aos dous últimos gobernos municipais, e que foron recollidas por medio das distintas entrevistas que realizamos con entidades sociais e veciñais da cidade.

Xa que logo entendemos, e así o levamos indicando desde o mandato anterior do Partido Popular, onde os barrios foron maltratados e abandonados, que se tiñan que realizar actuacións encamiñadas a poñelos no centro das políticas municipais. Entendemos que os investimentos nos barrios son fundamentais para recuperalos e empoderalos, e sempre defendemos, a así recollíamos no noso programa electoral, aos barrios como espazo onde poidamos tomar partido e onde o Concello da Coruña faga unha aposta con políticas de emancipación social desde a ética e a responsabilidade de preservar o ben común.

No noso programa #TodasAsCoruñas veñen recollidas moitas das actuacións que o Goberno municipal pensa realizar durante este ano; as 57 actuacións anunciadas onte son unha boa escolma das intervencións que tiña pensando desenvolver o BNG

Visita ás instalacións dun CEIP xunto cun membro da ANPA

E por iso que destacamos que a maioría das nosas propostas xa estaban recollidas no nosos programa #TodasAsCoruñas, coas que nos presentaron ás eleccións municipais do ano pasado, e que, asemade, formaron parte das achegas realizadas polo propio BNG no proceso de negociación dos orzamentos 2016 e que logo se presentaron como emendas ao documento inicialmente aprobado, e que finalmente foron desestimadas.

As iniciativas que fomos incorporando ao noso programa e as nosas demandas durante estes anos son o froito de ir recollendo, polos barrios, e a través de numerosas entrevistas con entidades sociais e veciñais, as necesidades que se ían detectando e trasladando, polo que as actuacións que se anuncian que se van realizar, supoñen unha boa nova para veciñanza e para os barrios.

Salientamos que aínda quedarían moitas actuacións pendentes de realizar,  que foron achegadas nos documentos que o propio BNG trasladou no proceso de negociación dos orzamentos 2016, e que, finalmente, constituíron as súas emendas a estes

Rúa Mendaña de Neyra, na que solicitamos actuacións e presentamos dúas iniciativas durante o primeiro ano de mandato

Tamén constatamos como dentro destas actuacións existen algunha que foi precisamente obxecto de iniciativas nosas ao longo deste primeiro ano de mandato, como o remate da urbanización da rúa Mendaña de Neyra, o soterramento de cables ou outro tipo de actuacións en materia de rehabilitación.

É por isto, que aínda quedarían moitas actuacións pendentes de realizar, todas elas en coñecemento do Goberno municipal xa que logo foron detalladas de xeito pormenorizado no proceso de negociación dos orzamentos este ano. E agardamos que todas estas propostas de actuación se vaian desenvolvendo e se vaian aumentando progresivamente os investimentos neste apartado.