#OFIMÁTICOSOLUCIÓN

3 anos xa do desaloxo violento e do derrubamento da casa de Isabel e Álvaro

Momento do recebimento pola veciñanza de Elviña de Álvaro Corral despois de ser depexado da súa propia casa
Momento do recebimento pola veciñanza de Elviña de Álvaro Corral despois de ser depexado da súa propia casa

No terceiro aniversario do último desafiuzamento dunha casa de Elviña por causa do Ofimático, lembramos que sobre este núcleo segue a “espada de Damocles” do planeamento urbanístico

Contrasta a premura para darlle solución á situación dos cooperativistas coa lentitude do proceso de modificación do planeamento que exclúa as casas da marxe da Vedra

Segue pendente de efectivizarse o cambio de planeamento prometido pola Marea Atlántica que permitiría a exclusión das casas da marxe da avenida da Vedra

3 anos xa do desaloxo violento e do derrubamento da casa de Isabel e Álvaro

No terceiro aniversario do último desafiuzamento dunha casa de Elviña por causa do Ofimático, lembramos que sobre este núcleo segue a “espada de Damocles” do planeamento urbanístico.

Contrasta a premura para darlle solución á situación dos cooperativistas coa lentitude do proceso de modificación do planeamento que exclúa as casas da marxe da Vedra.

Imaxe dunha das concentracións que todos os venres convoca a veciñanza de Elviña

Así segue pendente de efectivizarse o cambio de planeamento prometido pola Marea Atlántica que permitiría a exclusión das casas da marxe da avenida da Vedra polo que esta espera é a que segue a motivar que a veciñanza de Elviña segua a concentrarse todos os venres na ponte peonil que atravesa a avenida da Vedra, diante xusto da casa de Isabel e Álvaro que foi derrubada hoxe hai 3 anos.

 

A Coruña, 27 de novembro de 2017.