DÍA DO LIBRO

Un 23 de abril baleiro de actividades

Vista exterior da biblioteca municipal da Sagrada Familia
Vista exterior da biblioteca municipal da Sagrada Familia

Cremos “escasísima” a programación da Concellaría de Cultura co gallo do Día do Libro cuxos actos no Concello da Coruña poden contarse cos dedos das mans

Na Coruña, desde 2007 a 2011, arredor do Día do Libro organizábase xunto coas librarías e as bibliotecas municipais a Festa do Libro, saíndo os libros á rúa, lecturas públicas, actuacións musicais, presentacións e sinaturas de libros, a liberación de libros na Estación de Tren e na de Autobuses e mesmo a distribución de libros de balde

Do Partido Popular, que na Xunta de Galiza está a afogar o mercado editorial galego e que no Concello da Coruña foi o responsábel de que se deixase de celebrar a Festa do Libro, non esperabamos nada mais entendemos que o Goberno local da Marea Atlántica debía ter recuperado a Festa do Libro e unha programación potente pola efeméride do 23 de abril

Un 23 de abril baleiro de actividades

Cualificamos de “escasísima” a programación da Concellaría de Cultura co gallo do Día do Libro cuxos actos no Concello da Coruña poden contarse cos dedos das mans.

Neste sentido estamos abraiadas cos actos que programou o Goberno Local pola efeméride do Día do Libro: un contacontos na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, un curso do libro electrónico e mais un encontro con Fernando Ontañón na Biblioteca Municipal dos Rosales, e por último a presentación do libro Que se van las vitaminas! na Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano.

É por iso que lembramos a variada programación que se realizaba desde a Concellaría de Cultura durante o Goberno Bipartito: na Coruña, desde 2007 a 2011, arredor do Día do Libro organizábase xunto coas librarías e as bibliotecas municipais a Festa do Libro, saíndo os libros á rúa, lecturas públicas, actuacións musicais, presentacións e sinaturas de libros, a liberación de libros na Estación de Tren e na de Autobuses e mesmo a distribución de libros de balde.

Debía ser prioritario para o actual Goberno local a promoción do libro e da lectura sobre todo tendo en conta que o Partido Popular desde a Xunta de Galiza está a afogar o mercado editorial galego -xa que pasou de destinar 1,1 millóns de euros (2006) a 200.000 euros (2016) en promoción do libro e lectura, ou 750.000 euros (2006) a 350.000 euros (2016) en  promoción e edición do libro en galego-.e logo de que o Goberno do Sr. Negreira no Concello da Coruña fose o responsábel de que se deixase de celebrar a Festa do Libro na nosa cidade e da redución desde 2011-2015 da programación co gallo do 23 de abril.

Non esperabamos nada do Partido Popular mais entendemos que o Goberno local da Marea Atlántica debía ter recuperado a Festa do Libro e unha programación potente pola efeméride do 23 de abril cousa que non aconteceu nin en 2016, nin en 2017 nin no presente ano.

A Coruña, 23 de abril de 2018.