O Sr. Negreira podería estar incorrendo nunha prevarización omisiva en Someso

O Sr. Negreira podería estar incorrendo nunha prevarización omisiva en Someso

carlos negreiraA Coruña, 31 de xaneiro de 2015.- A xuízo do Bloque Nacionalista Galego, está claro que Goberno Local do Sr. Negreira podería estar incorrendo no delito de prevaricación omisiva en Someso, porque admite que hai un dano patrimonial para Concello da Coruña, pero non actúa en consecuencia.

Nas súas alegacións para solicitar a continuación do procedemento por responsabilidade contábel no caso de Someso, logo de cambiar o seu criterio inicial, admite que hai un dano patrimonial ocasionado ao Concello da Coruña por importe de 19,2 millóns de euros, mais non actúa en defensa dos intereses municipais da cidade revisando, tal e como ten indicado o propio Tribunal de Cuentas, os actos e acordos nulos de pleno dereito en Someso, que é algo realmente importante para determinar a responsabilidade contábel.

O dano patrimonial ocasionado ao Concello da Coruña no caso Someso, consecuencia dun conxunto de infraccións do ordenamento xurídico (apropiación privada de bens e dereitos municipais e da venda ilegal do aproveitamento municipal no sector e a execución duns convenios urbanísticos con perda patrimonial inxustificada para o concello), obriga ao Goberno Local a revisar de oficio os acordos e os actos nulos de pleno dereito da Xunta de Goberno Local de 29 de outubro de 2004 (de autorización á Xunta de Compensación para que se incluíse no Proxecto de Compensación a enaxenación directa dos bens e dereitos municipais), de 30 de setembro de 2005 (aprobación definitiva do Proxecto de Compensación) e de 3 de febreiro de 2006 (corrección de erros do Proxecto de Compensación) para poder así determinar responsabilidades contábeis, como ten reparado o Tribunal de Cuentas. Malia tratarse a revisión neste caso dun deber, o Goberno do Sr. Negreira resístese a actuar e isto sitúao no terreo da prevaricación omisiva, dado que, ademais da prevaricación por acción, existe igualmente a prevaricación por omisión, que se dá cando é imperativo realizar unha determinación actuación administrativa e non sei fai (isto é, inacción cando se estaba obrigado a actuar en defensa dun ben xurídico).

O Sr. Negreira podería estar incorrendo nunha prevarización omisiva en Someso