GZ produce, Madrid consume: o BNG denuncia a situación de pobreza enerxética de miles de galeg@s

GZ produce, Madrid consume: o BNG denuncia a situación de pobreza enerxética de miles de galeg@s

A Coruña, 12 de marzo de 2014.- O Bloque Nacionalista Galego convoca para mañá, día 13 de marzo, ás 12:30 h unha concentración en fronte das oficinas de Gas Natural Fenosa (rúa Juan Florez, 3), dentro da campaña que as nacionalistas están a desenvolver baixo o lema Galiza produce, Madrid consume!, para denunciar, por unha banda, a situación de pobreza enerxética de milleiros de familias no noso país e, pola outra, a situación de pobreza enerxética de Galiza no mapa enerxético estatal.

O BNG da Coruña despregará unha faixa e repartirá folletos informativos (achégase dixitalizado) contra as tarifas abusivas das eléctricas e por unha enerxía ao servizo das persoas e do país e non ao servizo dos beneficios empresariais.

GZ produce, Madrid consume: o BNG denuncia a situación de pobreza enerxética de miles de galeg@s