O BNG denuncia que as obras de urbanización aínda figuran sen cuantificar economicamente

O BNG denuncia que as obras de urbanización aínda figuran sen cuantificar economicamente

A Coruña, 21 de marzo de 2014.- Tras a aprobación en Xunta de Goberno Local do texto da Adenda Segunda ao Convenio de colaboración entre o Concello da Coruña e a Autoridade Portuaria para o desenvolvemento da mobilidade da Dársena da Mariña e do Parrote, o Grupo Municipal do BNG denuncia que o Goberno municipal decide ampliar o ámbito de actuación das obras de urbanización en superficie da Mariña de maneira ilegal e sen cuantificar economicamente o importe destas. Alén disto, salientan as nacionalistas, o interventor alerta das dificultades de financiamento da obra, tendo en conta que o Concello da Coruña ten que comprometer máis de 10,5 millóns de euros nos orzamentos de 2015.

O interventor alerta das dificultades de financiamento e compromiso de gasto futuro de 10,5 millóns de euros para os orzamentos de 2015

Tal e como se recolle no informe da letrada de asesoría xurídica, estas obras de urbanización en superficie da Mariña están sen cuantificar economicamente. A propia letrada sinala neste sentido que "ha de tenerse en cuenta que dado que todavía no se ha cuantificado el importe de las obras de urbanizacióncuyo ámbito se amplía, la aportación municipal total (la que se deriva de la aportación a la obra de ejecución del víal subterráneo de la Marina, adjudicada por un importe de 10.889.000,00 euros, y la de las obras de urbanización) no podrá superar el importe máximo que se preveía en la Adenda Primera, esto es, 16.500.000 euros".

E a esta falta de cuantificación destas obras de urbanización, o BNG sinala que hai que sumarlle as dúbidas de financiamento que se lle formulan ao propio interventor a respecto do Parrote e da Mariña. O propio interventor alerta das dificultades de financiamento para estas obras, tendo en conta que o Concello da Coruña ten que comprometer máis de 10,5 millóns de euros nos orzamentos de 2015, así sinala no seu informe que “aunque efectivamente ya se dispone de la autorización del órgano de tutela financiera de la Xunta de Galicia para concertar la operación de crédito, y por lo tanto se da cumplimiento a las exigencias legales para comprometer crédito presupuestario financiado con endeudamiento, la actual incertidumbre económica del sistema financieiro podría condicionar y dificultar el acceso a la financiación externa, en cuyo caso –no muy probable pero posible- afectaría a la financiación del actual compromiso. Los 10.593.387,62 € que restarían por facer efectivo el montante total global de aprotación municipal (16,5 millones de €) se incluyen en la anualidad del 2015, lo que supone un compromiso de gasto futuro, que obligará a su consignación definitiva en el presupuesto del 2015 al encontrarse ya previsto y aprobado en el Anexo de Inversiones, en la anualidad del 2015, del vigente Presupuesto Municipal 2014”

As actuacións de urbanización da superficie da Mariña non teñen amparo normativo e son ilegais

As obras proxectadas non se axustan nin ao PXOM aprobado definitivamente. Nin tampouco aos documentos en trámite, tales como o PEPRI e o Plan especial de infraestruturas e dotacións, porque, aínda que foron aprobados inicialmente, nin foron resoltas as alegacións (entre elas, as do BNG) nin aprobados definitivamente. As nacionalistas poñen de manifesto que a decisión de ampliar o ámbito de actuación das obras de urbanización recollidas no texto da Adenda aprobado hoxe pola Xunta de Goberno Local supón, por conseguinte, unha ilegalidade porque estas obras non están amparadas polo PEPRI e polo Plan de Infraestruturas e porque habería que aprobar o PEPRI e o Plan de Infraestruturas para levar a cabo as actuación de urbanización.

Ademais, hai que lembrar, sinalan as nacionalistas, que nin o Convenio nin as súas adendas posteriores foron sometidos ao trámite de información pública, a pesar das súa natureza e implicacións urbanísticas

O BNG denuncia que as obras de urbanización aínda figuran sen cuantificar economicamente