O BNG critica que o Goberno Local minta cando tenta xustificar o gasto en costaleiros de 2013

O BNG critica que o Goberno Local minta cando tenta xustificar o gasto en costaleiros de 2013

A Coruña, 18 de marzo de 2014.- O Grupo Municipal do BNG  quere pór de manifesto que non é certo o que afirma o Goberno Local sobre que o incremento de gasto en costaleiros veña motivado polo incremento do número de pasos, nin doutros elementos que conforman as imaxes relixiosas. E non é certo, porque no ano 2013 só se incorporou un paso (o da imaxe do Santísimo Cristo do Amor), que unicamente requería catro costaleiros, e porque o novo trono da Virxe da Soidade, na que o Goberno Local tamén pretende xustificar o acrecentamento de gastos, forma parte do paso desde o ano 2011.

O único paso que se incorporou á Semana Santa de 2013 só necesita 4 costaleiros, de modo que o Goberno debería explicar mellor os 29.000 euros que lle pagou a SERMASA na contratación de persoal para levar os pasos

As nacionalistas acusan ao Goberno de faltar á verdade na súa xustificación do incremento dos gastos en persoal de servizo que van desde os 5.640 euros orzados para o ano 2012 aos 28.664 euros gastados no ano 2013. E é que o paso que se incorporou na Semana Santa de 2013, en concreto a imaxe do Santísimo Cristo do Amor, só necesita catro costaleiros. Alén disto, sinalan as nacionalistas, o novo trono da Virxe da Soidade, na que tamén xustifica o Goberno local o incremento do gasto por motivos do seu peso, forma parte do paso desde 2011.

Por tanto, o BNG solicita explicacións ao Goberno do Sr. Negreira sobre o investimento de cáseque 29.000 euros na contratación de  costaleiros que facturou Sermasa (grupo Vendex) ao IMCE para as procesións de Semana Santa de 2013.

Se estamos nun estado aconfesional que sentido ten que o Concello da Coruña, como Administración pública, subvencione actos relixiosos

Se estamos nun suposto Estado aconfesional, salientan as nacionalistas, que sentido ten que unha administración pública, como o Concello da Coruña, estea a subvencionar actos relixiosos (lembra o BNG que o orzado para as procesións suman no total 58.153,77 euros dun orzamento de 59.153,77 euros), xa que a aconfesionalidade ten que implicar a súa neutralidade, respetando as crenzas e celebracións relixiosas da cidadanía. Para tanta xente da nosa cidade que o está a pasar realmente mal, estes gastos son un escándalo e un insulto que “clama ao ceo”.

O BNG critica que o Goberno Local minta cando tenta xustificar o gasto en costaleiros de 2013